O Samsung Galaxy A9 sae á venda en España a un prezo de 599 euros
xoves, 22 de novembro do 2018
A poucas horas da chegada a España do Samsung Galaxy A7 coa
súa cámara traseira tripla, Samsung
anunciou que estaba a preparar o lanzamento do Galaxy A9 con cámara traseira cuádrupla,
e finalmente témolo aquÃ, dispoñible
para a súa compra a un prezo de 599 euros en tres cores distintas (negro
azul e rosa).
Falamos dun smartphone con pantalla Super AMOLED con resolución Full HD+ e unha
diagonal de 6,3 polgadas, que conta cun procesador de 8 núcleos, 6 GB de RAM,
128 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 512
GB, lector de pegadas dixitais, NFC, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, un grosor de 7,8
milÃmetros, un peso de 183 gramos e unha baterÃa de 3.800 mAh con carga rápida
por USB-C, pero que destaca especialmente polas súas cámaras.
Na frontal
limÃtase a un único sensor de 24 MpÃxeles, pero cando imos á cámara traseira
atopamos tres obxectivos con distintas aperturas e sensores de distintas
resolucións, buscando unha grande versatilidade. Ten asà un ultra grande
angular de 8 MpÃxeles con apertura f/2.4 capaz de captar a imaxe que teñamos
diante nun ángulo de 120 graos; logo temos un teleobxectivo de 10 MpÃxeles que
equivalen a un zoom óptico de 2x e ten unha apertura de f/2.4; a cámara principal
ten un sensor de 24 MpÃxeles con apertura f/1.7, de xeito que serÃa unha
magnÃfica cámara á hora de conseguir imaxes nÃtidas e luminosas; e como a
cuarta cámara está un sensor de 5 MpÃxeles con apertura f/2.2 que serve para
detectar a profundidade, e asà poder aplicar efectos de desenfoque de fondo.