O Samsung Galaxy S23 FE chega a España
luns, 11 de decembro do 2023
En outubro Samsung
presentou o agardado smartphone Samsung Galaxy S23 FE, anunciando o seu
lanzamento nos EE.UU., pero deixando en suspenso cando verÃa a luz en España, e
por fin o temos aquÃ, a un prezo de
709 euros para o modelo con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento, aÃnda
que de xeito promocional o modelo con 256 GB de almacenamento ten o mesmo
prezo.
Estamos ante un smartphone cunha pantalla Dynamic AMOLED 2X de 6,4 polgadas, un
procesador de 8 núcleos, 8 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento interno,
cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 MpÃxeles (e un teleobxectivo
óptico de 3x e 8 MpÃxeles), cámara frontal de 10 MpÃxeles, baterÃa de 4.500 mAh
con carga rápida de 25 watts por cable e Fast Wireless Charging 2.0, 5G, Wi-Fi
6E, Bluetoth 5.3 e mesmo resistencia á auga e ao po IP68.
Cómpre salientar que este teléfono chega cun procesador Exynos 2200, que é moi
inferior ao Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2 que inclúe o Samsung Galaxy S23, e que
actualmente pode conseguirse máis barato.