O Samsung i900 Omnia é a resposta coreana ao iPhone
luns, 9 de xuño do 2008
Os blogs
tecnolóxicos levan semanas falando dun novo móbil de Samsung, e finalmente se
coñece oficialmente. O Samsung
i900 Omnia é un terminal que funciona co sistema operativo Windows
Mobile 6.1, é cuadribanda (soportando ata conexións HSDPA a 7,2 Mbps) e conta
con acelerómetro, Wi-Fi, porto USB, sintonizadora de radio FM (con RDS),
Bluetooth (A2DP), pantallas de 3,2 polgadas cunha resolución de 400 x 240
pÃxeles e unha cámara de 5 MpÃxeles (que pode xeolocalizar fotografÃas grazas
ao GPS integrado).
Se vende con 8 ou 16 Gb de capacidade de almacenamento de xeito que serÃa un
dos terminais máis doados de comparar co iPhone de Apple, especialmente pola
interface TouchWiz, que engade un sistema de funcionamento táctil moi atractivo
a Windows Mobile.
Este novo móbil chegará ás tendas europeas no mes de xullo.