O Sistema de Información Ambiental (SIAM) dependente da Consellería de Medio Ambiente renova a súa web

martes, 26 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Co obxecto de facilitar e ofrecer unha información medioambiental de calidade ós cidadáns a dirección xeral de Desenvolvemento Sostible renova a web do Sistema de Información Ambiental, dende a que se pode acceder ós contidos relativo ó medio ambiente.
O novo portal foi presentado hoxe polo conselleiro Manuel Vázquez e o director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández, e incluirá tamén un boletín electrónico de información ambiental no que se poderán consultar dende convocatorias a novidades e normativas, que se irán renovando diariamente e que se poderán recibir por correo electrónico.


Vídeo de AGN gravado durante a presentación da nova web

A nova web do SIAM inclúe os seguintes contidos:

- Información meteorolóxica da nosa comunidade, a través de MeteoGalicia

- Información sobre auga, aire, medio natural, indicadores ambientais (novo), plans e programas e sostibilidade local

- Lexislación ambiental: o obxectivo é manter actualizada a base de datos para normas relacionadas co medio ambiente tanto da comunidade autónoma, como dos boletíns provinciais, o Boletín Oficial do Estado (BOE) e o boletín da Unión Europea

- Cartografía: neste apartado recóllense unha serie de mapas nos que se amosa información relacionada co medio ambiente cuxa interpretación está directamente relacionada coa súa situación xeográfica

- Estatísticas de Información Ambiental

- Publicacións

- Boletín de Información Ambiental