O Sony Ericsson Xperia X2 funcionará con Windows Mobile 6.5
xoves, 3 de setembro do 2009
Sony Ericsson presentou
definitivamente o que será o seu Xperia
X2, un teléfono móbil que funcionará co sistema operativo Windows
Mobile 6.5 e conta unha pantalla táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de 800
x 480 pÃxeles e un teclado QWERTY completo, de xeito que é moi semellante a
levar un ordenador no peto.
Este terminal de 110 x 54 x 16 milÃmetros e un peso de 155 gramos goza dunha
conectividade elevada (HSPA, Wi-Fi e Bluetooth), GPS, saÃda de televisión,
cámara de 8 MpÃxeles (con enfoque automático e gravación de vÃdeo), porto USB,
lector de tarxetas microSDHC de ata 16 Gb (o móbil conta con só 110 Mb de
memoria interna), reprodución de de MP3 e WMA, unha autonomÃa de ata 600 horas
en espera (3G) e 10 horas en conversa (GSM) e un prezo sen precisar,
agardándose a súa chegada ao mercado a finais de ano.
Presentación do Xperia X2