O Surface Pro 4 baixa de prezo para celebrar o Día do Pai

xoves, 16 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Un dos equipos informáticos de referencia no mercado de cara aos seu aproveitamento de Windows 10 é, sen lugar a dúbidas, o Surface Pro 4 de Microsoft, por ser un híbrido de tableta e ordenador portátil moi completo, que destaca por contar cunha pantalla de 12,3 polgadas cunha resolución de 2.736 x 1.824 píxeles que responde tanto aos dedos como a un lapis dixitalizador incluído e que conta cun accesorio con forma de cuberta para a pantalla que funciona como teclado con trackpad, de xeito que podemos gozar do equipo como se fose unha tableta ou como un portátil, contando sempre cun sistema operativo de escritorio completo, de xeito que reúne o mellor de dous mundos.

JPEG - 23 KB
Ao integrar unha peaña abatible a pantalla do Surface Pro 4 pode axustar a súa inclinación no escritorio

Pero esta liña de produtos ten un importante atranco para a súa popularización, o seu prezo, algo que estes días non resulta tan crítico xa que co gallo do Día do Pai dende Microsoft decidiron lanzar unha importante promoción que consiste en vender entre os días 16 de maio e 2 de abril un Surface Pro 4 con procesador Intel Core i5, 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno, incluíndo funda-teclado e lapis por 899 euros, o que supón unha rebaixa de 350 euros con respecto ao prezo habitual.
A promoción está dispoñible dende a Microsoft Store e tamén en distribuidores autorizados.

PUBLICIDADE