O Telexornal da TVG renova o seu estudio

luns, 4 de marzo do 2024 Redacción

O Telexornal Mediodía da TVG inicia hoxe as súas emisións dende o renovado Estudio 300 de San Marcos, que foi estreado co gallo do debate electoral de febreiro e o especial Eleccións 18F.
Ábrese así unha nova etapa para os servizos informativos da CRTVG cunha imaxe e unha narrativa audiovisual renovadas, e todas as posibilidades tecnolóxicas do estudio. Dotado dunha gran pantalla angulada de 36 metros, o estudio estrea o equipamento técnico máis punteiro, e permite integrar imaxe, gráficos, animación 3D e realidade aumentada ao relato informativo.
Nas vindeiras semanas completarase a transición a este novo estudio con outros programas como o informativo Galicia Noticias, o deportivo En Xogo ou o cultural Zigzag.