O VLC xerará subtÃtulos automáticos mediante IA
venres, 10 de xaneiro do 2025
AÃnda que non teñan un interese comercial, os responsables do reprodutor multimedia VLC estiveron presentes no CES de Las Vegas, onde anunciaron que a súa aplicación estaba a superar os 6.000 millóns de descargas a nivel mundial e presentaron unha novidade moi interesante: o VLC contará cun sistema de xeración automática de subtÃtulos (con función de tradución) baseado en modelos de IA capaces de correr en local.
Estamos ante unha interesante función que tamén están a incorporar televisores e sistemas operativos, pero que coa súa integración no VLC poderÃa universalizarse na reprodución multimedia. Esta prestación resulta de grande utilidade para rachar barreiras lingüÃsticas, sendo tamén unha ferramenta moi valiosa para mellorar a accesibilidade do vÃdeo, de xeito que o pon ao alcance para persoas con problemas de audición, ou para calquera que queira ver un contido nun momento no que non pode escoitalo axeitadamente.
A xente de VideoLAN tamén aproveitou para dar conta da tecnoloxÃa de son inmersivo Eclipsa Audio, promovida por Google e Samsung, que grazas á implementación de código aberto de IAMF estará dispoñible na aplicación de VLC para ordenadores, móbiles e televisores.