O Vivo X200 SE combina cámaras certificadas por ZEISS cun tamaño compacto
venres, 27 de xuño do 2025
Un dos móbiles de referencia a nivel de cámara nos últimos meses é o Vivo X200 Pro, que ten un prezo oficial de 1.199 euros, e aproveitando a forza que está a conseguir ese smartphone o seu fabricante trae agora a España unha versión bastante máis económica, o Vivo X200 FE, cun prezo oficial de 849 euros, que de lanzamento custa 769 euros incluÃndo un cargador de 90 watts e uns auriculares sen fÃos (accesorios valorados en 105 euros).
O Vivo X200 SE busca convencer aos consumidores que non queren un teléfono de grandes dimensións, xa que limita a súa pantalla a unha diagonal de 6,31 polgadas, o que non impide que sexa unha pantalla de calidade cunha frecuencia adaptativa de entre 1 e 120 Hz e cun brillo de 1.800 nits HBM, polo que pode verse sen problemas en exteriores.
A nivel de cámaras, o Vivo X200 SE presume de certificación ZEISS, está equipado cunha cámara principal Sony IMX921 de 50 MpÃxeles, un teleobxectivo periscópico Sony IMX882 e un ultra grande angular, polo que temos a garantÃa de estarmos ante un móbil con boas cámaras, que tamén sorprende pola súa inmensa baterÃa de 6.500 mAh con carga rápida 90 watts, o que resulta rechamante para un dispositivo tan compacto (o seu grosor é de só 7,99 milÃmetros).
Este smartphone está equipado cun procesador Mediatek Dimensity 9300+, polo que pode presumir de grande rendemento, e tamén inclúe numerosas funcións de intelixencia artificial achegadas a través dunha colaboración con Google.
Para completar o Vivo X200 SE está a súa resistencia IP68/IP69 contra o po e a auga, ao que haberÃa que sumar a resistencia a caÃdas SGS e MIL-STD 810H.
