O Xiaomi TV Stick 4K achega a experiencia de Android TV por HDMI
venres, 17 de decembro do 2021
Para os usuarios que queren gozar dunha boa experiencia de Smart
TV e non teñen un televisor moi recente, é unha boa opción facerse cun
dispositivo externo para acceder aos principais servizos de vÃdeo baixo
demanda, e para atender a esta demanda Xiaomi conta con varios trebellos (como
o Mi TV Stick) aos que está a
sumarse co Xiaomi
TV Stick 4K, que aÃnda non saÃu á venda en España.
O Xiaomi TV Stick 4K é un reprodutor de contidos en streaming baseado en
Android TV 11 (ou sexa, que integra o asistente de Google, polo que tamén pode
manexarse mediante ordes de voz a través do seu mando a distancia) capaz de
mover vÃdeo 4K e con soporte de Dolby Atmos e Dolby Vision. AÃnda que mantén os
8 GB de almacenamento do Mi TV Stick (empregados principalmente para a
instalación de aplicacións), incrementa a súa RAM até os 2 GB, o que fai que o
seu funcionamento sexa máis fluÃdo, polo que pode ser interesante o seu uso
incluso en televisores que non soporten 4K.
AÃnda que o normal é empregar o Xiaomi TV Stick 4K para achegar contido dende
as aplicacións que ten instaladas, tamén podemos empregalo como un receptor de
Chromecast, de xeito que temos unha amplÃsima variedade de aplicacións móbiles
que poden proxectar os seus contidos directamente ao televisor sen que teñan
unha versión especÃfica para Android TV.
O mando a distancia do Xiaomi TV Stick 4K comunÃcase mediante Bluetooth (polo
que non hai que enfocalo con precisión cara a unha posición especÃfica), inclúe
micrófono, ten botóns de atallo para Netflix e Prime Video, e tamén conta con
control de volume.
Haberá que ver a que prezo chega ao mercado o Xiaomi TV Stick 4K, que previsiblemente
custará menos dos 69,99 euros do seu competidor directo, o Chromecast con
Google TV, co que coincide en case todos os aspectos, e que para moitos é un
produto máis atractivo por estar soportado directamente por Google.