O certame Cajamar UniversityHack premia á UDC co Mellor rookie
venres, 1 de marzo do 2024
A maior competición analítica de datos de España, Cajamar UniversityHack, vén de outorgar o premio ao Mellor rookie á Universidade da Coruña na categoría UniversityHack Hall of Fame. Este premio recoñece á universidade mellor clasificada entre os centros universitarios españois incorporados nas tres últimas edicións a este certame, no que participaron, ao longo das súas sete edicións, 35 universidades e centros de formación de toda España.
Hoxe, 1 de marzo, o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, recibía de mans do director de Cajamar na Coruña, Jose Mateo Moinelo Allegue, o recoñecemento logrado polos seus estudantes de Intelixencia Artificial (IA) e ciencia de datos, que amosaron un elevado nivel. O acto tivo lugar na Reitoría da Universidade, tamén asistiron, ademais do reitor Ricardo Cao, o director de Customer Data do Grupo Cajamar, Antonio Font Pérez; e os membros do tribunal local na UDC da competición, Carlos Fernández Lozano, María de los Ángeles Saavedra Places, e José Antonio Vilar Fernández, os tres docentes da Facultade de Informática.
O reitor agradeceu o galardón e sinalou a importante aposta formativa e de investigación que fai a UDC en titulacións relacionadas coa análise de datos: os graos de Ciencia e Enxeñería de Datos, Intelixencia Artificial e Enxeñería Informática, así como os másters universitarios en Intelixencia Artificial, Técnicas Estatísticas, Ciencia e Tecnoloxía da Información Cuántica, Computación de Altas Prestacións, Ciberseguridade, Enxeñería Informática, Matemática Industrial e Bioinformática para as Ciencias da Saúde.
Pola súa banda, Jose Mateo Moinelo explicou que a finalidade da Cajamar UniversityHack “é ser un nexo entre os problemas e desafíos reais das empresas españolas e a aplicación do coñecemento da comunidade universitaria especializada en IA e ciencia de datos (data science) a través das súas propostas e solucións”.
Engadir que na clasificación dos mellores centros, denominado UniversityHack Hall of Fame, en función das participacións e clasificacións conseguidas no últimos cinco anos, Afi Escuela obtivo o primeiro posto, seguida pola Universidade de Sevilla, e a Universitat Politècnica de València, en terceira posición.
A Cajamar UniversityHack é unha competición que nace coa vontade de promover o desenvolvemento e a xeración de ideas no eido universitario da IA e o data science. En cada edición, o equipo de Analítica de Datos da banca cooperativa Cajamar pon ao dispor dos equipos participantes o acceso a un conxunto de datos exclusivamente estatísticos, disociados e agregados de xeito irreversíbel (datasets) e expón un reto. O concurso desenvólvese en tres fases: na primeira fase, os equipos traballan nun proxecto durante aproximadamente un mes e compiten con equipos do mesmo centro; na segunda fase, un xurado nacional selecciona os mellores traballos de cada categoría, os cales realizarán unha exposición presencial, tras o que o xurado define o podio do reto.
Por último, dicir que a entrega á UDC do galardón ao Mellor rookie tivo lugar na Reitoría da Universidade, nun acto ao que tamén asistiron, ademais do reitor Ricardo Cao, o director de Customer Data do Grupo Cajamar, Antonio Font Pérez; e os membros do tribunal local na UDC da competición, Carlos Fernández Lozano, María de los Ángeles Saavedra Places, e José Antonio Vilar Fernández, os tres docentes da Facultade de Informática.