O concurso de hiperbreves Movistar xa ten vencedora
martes, 30 de novembro do 2010
Co principal
obxectivo de darlle pulo, protexer e estimular o “bo uso” do castelán (que dende a aparición das mensaxes curtas a
móbiles caeu nunha degradación difícil de imaxinar), a Fundación del Español
Urgente (Fundéu BBVA), a editorial Bubok e Telefónica convocaron recentemente o
Concurso literario de Hiperbreves
movistar, que nesta última
edición mobilizou a preto de 800 autores, 200 máis que no pasado ano.
Das catro
finalistas do concurso, que resultaron ser todas féminas, o xurado escolleu a
peza de Rosa Yánez Gómez, profesora de Informática na Universidade de Sevilla,
polo seu relato, “Dejé de ser niño el día que el
canario escapó de la jaula y se quedó junto a ella buscando la entrada”.
Este
tribunal, presidido polo escritor e premio Nadal de Literatura 1994, José Ángel
Mañas e composto polo escritor Juan Aparicio Belmonte (que obtivo o II Premio
Bubolk-Alfaguara de narrativa 2009), o xornalista e editor Ignacio Fernández e
Norma Dregoevich, secretaria do xurado (sen voto) escolleu por unanimidade o
minirrelato de Yánez, facéndoa merecedora dun cheque por valor de 1.500 euros e
un teléfono móbil Samsung S5620 Onix..
Unha vez
entregados os premios, por segundo ano consecutivo e coincidindo co Día do
Libro, a organización do concurso vai editar un libro electrónico cos mellores
relatos recibidos, que se publicará en Bubok.com
e que se poderá descargar de balde ou adquirir en papel a precio de custe.
Para
participar neste concurso, as persoas interesadas tan só tiñan que ser maiores
de 16 anos e enviar a través do seu móbil, vía SMS, un relato curto en
castelán, de temática libre cunha extensión máxima de 157 caracteres.
Con esta
iniciativa, as entidades colaboradoras volven a mostrar o seu compromiso coa
cultura e a contribuir, de paso, “na
protección e estímulo do bo uso do castelán, mediante o emprego das novas
tecnoloxías”.
