O congreso Organización 2.0 achegará recursos para minimizar nas nosas empresas os problemas relativos á I+D
venres, 11 de outubro do 2013
Este 22 de outubro
celébrase en Vigo unha das grandes citas TIC da tempada, o congreso
Organización 2.0. Trátase dun
encontro sobre tecnoloxÃas da participación, redes sociais,
comunidades e emprendemento, todo dende unha óptica empresarial e
cun claro interese en buscar xeitos de aproveitar estes recursos a
prol da produtividade e a competitividade. O
evento celebrarase nas instalacións do Consorcio da Zona Franca de
Vigo en Bouzas e vén da man da con consultorÃa de mercadotecnia
Comasis e a consultorÃa de innovación Inova, constado dun programa
de mañá e tarde. Precisamente a delegada do Estado para a Zona
Franca, Teresa Pedrosa, comunicou os dÃas pasados que será a
encargada de inaugurar a xuntanza, cuxo programa, como dixemos, fará
fincapé nas múltiples potencialidades e vantaxes das solucións 2.0
para contribuÃr ao desenvolvemento produtivo das organizacións.
No que se refire ao
programa, dicir que durante a sesión da tarde, con inicio ás 16:00
horas, varios relatores de recoñecido prestixio, entre os que se
atopan Carlos Ardao, director de EnxeñerÃa Telemática na
Universidade de Vigo e Socio Fundador de SocialWire Labs, Natalia
RodrÃguez, actualmente en MRI-International e The Knowledge Agents
Alliance, e José Manuel Castro, responsábel de Vixilancia
Competitiva en IGAPE e experto en organización industrial;
explicarán como as ferramentas 2.0 e as contornas colaborativas
poden contribuÃr a reducir os problemas relativos ao I+D+i cos que
se atopan as organizacións.
Máis en detalle, José
Manuel Castro explicará o denominado Proxecto Alerta cuxo principal
obxectivo é desenvolver unha plataforma de vixilancia competitiva co
fin de permitir aos seus membros identificar e analizar información
sobre as actividades dos competidores, asà como as tendencias do
sector. Pola súa banda, Natalia RodrÃguez amosará diversas
ferramentas 2.0 para a xestión do I+D.
Segundo se informa dende
a Zona Franca, o congreso foi ideado cunha clara orientación
práctica, para que os asistentes poidan explorar de primeira man as
múltiples posibilidades da Organización 2.0. As actividades
comezarán ás 9:00 co acto de inauguración. De seguido iniciaranse
os diversos relatorios onde os expertos abordarán a temática das
redes e sistemas 2.0 en relación coa produtividade, a intelixencia
colectiva e a xestión da información. O módulo da mañá rematará
sobre as 14:30.
A dÃa de hoxe, a listaxe
de relatores (que se prevé que vaia medrando co paso dos dÃas) está
constituÃda por Alejandro Vázquez, Luis Calvo, David Silva, Xavier
Orozco, Alberto Casal, Tamara Blanco, Ana Neves, José Gil de
Bernabé, Antonio Soto, Carlos Latourrette, Patricia GarcÃa, Mario
Cernadas, José Manuel Castro, Natalia RodrÃguez, Carlos López
Ardao, Nerea MÃguez, Jesús Ruiz e Diego Gómez. O acto estará
conducido por Gonzalo Garre. Os interesados en acudir deben formular
a súa inscrición na web de
Comasis ou chamando ó 981 173 323. A asistencia ó congreso é
de balde e inclúe aparcadoiro, almorzo e comida. O número de prazas
é limitado.