O encontro internacional de ICANN ampara a sinatura dos primeiros acordos de rexistro de novos dominios
martes, 16 de xullo do 2013
Esta semana está a desenvolverse en Durban
(Sudáfrica) o encontro 47º de ICANN,
organismo que regula os enderezos da Internet, e que inaugurouse cun deses
momentos que quedan escritos na historia da Rede, como foi a sinatura
dos 4 primeiros acordos de rexistro para adxudicatarios de novos dominios
xenéricos de primeiro nivel (aos que tamén concorreu a candidatura galega da
Asociación PuntoGal que nos vindeiros meses tamén realizará tal formalidade).
Os dominios de primeiro nivel que tiveron a honra de participar neste primeiro acto
de sinatura corresponden a candidaturas que operaban con nomes de dominio
internacionalizados (IDN), con preferencia no proceso (por ser pioneiros e
partir dunha demanda histórica). Trátase dos novos dominios شبكة (web en árabe), онлайн (en
liña en ruso), сайт (páxina web
en ruso) e游戏 (xogo en chinés).
A creación de novos dominios da Internet é un proceso moi complexo, no que hai
que coidar da integridade do sistema de DNS que resulta crucial para o
funcionamento da Rede, establecendo tamén medidas para respectar marcas
rexistradas e contribuíndo ao crecemento do negocio dos dominios da Internet.
