O envío de alertas móbiles de Protección Civil probarase en Galicia o vindeiro xoves
venres, 21 de outubro do 2022
O Ministerio do Interior, a través da Dirección Xeral de
Protección Civil e Emerxencias, está a realizar as probas correspondentes para
verificar o funcionamento do protocolo ES-Alert para enviar alertas á poboación
que se atope nunha zona afectada por emerxencias ou catástrofes inminentes. É
un sistema tamén coñecido como 112 inverso.
Previuse un calendario de probas nas diferentes comunidades autónomas
que o
vindeiro día 27 afectará a Estremadura, Comunidade Valenciana e Galicia. Os
centros de resposta a emerxencias, en coordinación co Centro Nacional de
Seguimento e Coordinación Emerxencias do Ministerio do Interior, enviarán
mensaxes simuladas alertando dun risco de protección civil e un asubío,
acompañado de vibración, nos teléfonos móbiles alertará da recepción da
mensaxe.
O sistema ES-Alert foi despregado o pasado 21 de xuño, e é froito
da colaboración entre os Ministerios do Interior e de Asuntos Económicos e
Transformación Dixital, sendo financiado con fondos de recuperación e
resiliencia.
Esta tecnoloxía, que se pon ao dispor das autoridades de
protección civil de ámbito estatal e autonómico, suma unha nova ferramenta de
alertas á poboación ás que xa conta o Sistema Nacional de Protección Civil.