O fenómeno do crime tecnolóxico xa move miles de millóns de euros

luns, 17 de setembro do 2007 Matías Olazabal

Xa se ten falado abondo sobre as técnicas dos delincuentes en liña para facérense cos nosos datos bancarios, enderezos de e-mail e outros datos necesarios para levar a cabo diversos crimes e fraudes dende un ordenador, modalidade que os expertos teñen dado en chamar “crime tecnolóxico” e que segundo a firma de seguridade Symantec xa move cifras millonarias.

A medida que o sector medra, tamén está a xurdir un novo circulo de “profesionais” do sector, que, amais de levar a cabo os roubos de datos, comercializan os mesmos dende a Rede. Máis aínda, nun artigo da BBC, explícase que xa non só as grandes institucións bancarias son os brancos dos ataques, senón que as pequenas empresas son agora as máis ameazadas, xa que non teñen a infraestrutura para previr os devanditos ataques.

Ademais dos datos bancarios e outras formas de phising, os cyberdelincuentes tamén comercializan as ferramentas de traballo, poñendo ao alcance de calquera programas de malware, como xa foi publicado en Código hai un par de semanas.

Por outra banda, cómpre sinalar que o negocio xa non é exclusividade dos hackers, xa que outros sitios están a participar neste tipo de crimes entre os que se citan os portais de pescudas de emprego e as casas de apostas en liña.

PUBLICIDADE