O galego Marcos Mata elixido presidente do Consello de Colexios Informáticos de EnxeñarÃa Técnica en Informática de España
mércores, 19 de decembro do 2012
O presidente do Colexio
Profesional de EnxeñarÃa Técnica en Informática de Galicia
(CPETIG), Marcos Mata, vén de
obter un importante recoñecemento estatal ao seu labor e ao da
plataforma profesional galega que representa. Máis polo miúdo, é
dende o pasado dÃa 15 de decembro (en virtude da Asemblea Xeral
celebrada en Madrid), o novo presidente do Consello Xeral de Colexios
Informáticos de EnxeñarÃa Técnica en Informática de España,
CONCITI. A xuntanza
celebrada o pasado sábado no Salón de Graos da Escola Universitaria
de Informática, serviu, entre outras cousas, para que a ata o de
agora presidenta, Cristina Pelayo, presentase a súa dimisión. Coa
renuncia de Cristina Pelayo a asemblea
procedeu a elección dun novo presidente sendo elixido para o cargo
Marcos Mata.
Na
mesma xuntanza tamén se acordou que José Velasco, ata o de agora
vogal do CONCITI, e secretario do Colexio Profesional de Enxeñeiros
Técnicos en Informática da Rexión de Murcia (COITIMUR), pase a
ocupar a vicepresidencia do CONCITI, cargo que ata o momento viña
desenvolvendo Marcos Mata.
O
Consello Xeral de Colexios Oficiais de EnxeñarÃa Técnica en
Informática ten por obxecto a coordinación e representación
conxunta dos Consellos ou Colexios de EnxeñarÃa Técnica en
Informática existentes en España e asume como finalidades de seu as
seguintes:
·
O pulo ao progreso da Sociedade da Información en España.
·
A protección e salvagarda do interese xeral nos ámbitos técnicos
da súa competencia.
·
A ordenación do exercicio da profesión, asà como a representación
institucional da mesma.
Perfil
de Marcos Mata
Marcos
Mata Mansilla (Santiago de Compostela, 1977) é enxeñeiro técnico
en Informática pola Facultade de Informática de A Coruña. A súa
andaina profesional iniciouna como analista programador pero, xa en
2006, accedeu ao posto de responsable de Proxectos dentro da área de
TecnoloxÃas da Información na consultora galega Coremain, posto que
desenvolve actualmente. A súa inquietude e o seu desexo de colaborar
co desenvolvemento e normalización da figura do enxeñeiro técnico
en informática o leva a incorporarse, no ano 2009, como vogal da
Xunta de Goberno de Colexio Profesional de EnxeñerÃa Técnica en
Informática de Galicia, sendo elixido presidente desta institución
tralas eleccións celebradas en xaneiro de 2010. En novembro dese
mesmo ano é nomeado vicepresidente do Consello Xeral de Colexios
Oficiais de EnxeñarÃa Técnica de Informática na súa asemblea
constituÃnte.