En 2011 investimentos menos en innovación. E o que se investiu, de media, dende as empresas galegas, aínda é menos có que se investiu a nivel estatal. Estes e outros datos foron presentados esta semana da man da Enquisa sobre Innovación das Empresas (pdf), publicada polo Instituto Nacional de Estatística. En cifras máis concretas, o gasto en innovación tecnolóxica das empresas galegas caeu nun 11,8 por cento en 2011, fronte á media española: unha redución do 8,8%.
Segundo o devandito informe do INE, na nosa terra levaron a cabo no seu seo accións de Investigación e Desenvolvemento un total de 1.318 empresas, sendo o seu gasto e innovación de 552,3 millóns de euros. Isto abrangue o 3,7% do total do Estado neste eido concreto da I+D privada. As meirandes taxas acadáronse nos sitios de costume: Madrid (36,2%), Catalunya (23,1%) e máis Euskadi (10,5%). Por debaixo da nosa Comunidade sitúanse Balears e Estremadura, ámbalas dúas cunha porcentaxe do 0,3%, e máis Canarias e Cantabria, co 0,5%.
O investimento das empresas galegas en I+D reduciuse un 11,8% en 2011
Compartir Este Artigo
