O móbil Lenovo P780 terá unha baterÃa de 4.000 mAh
venres, 3 de maio do 2013
Que nos últimos meses estean a chegar algúns dos móbiles
máis interesantes do mercado dende China non é unha sorpresa, pero que conten
con figuras como o xogador de baloncesto Kobe Bryant para promocionalos non é
tan habitual, e vén
de aparecer na Rede un vÃdeo no que podemos ver imaxes da campaña na que o
xogador da NBA amosa o que será o Lenovo P780, un smartphone que terá moito que
dicir, pois non só chegará cunha pantalla de 5 polgadas a 720p, senón que
estará equipado cunha xenerosa baterÃa de 4.000 mAh, elemento que poderÃa ser
fundamental para o seu éxito.
O Lenovo P780 funcionará
con Android 4.2, procesador de catro núcleos e 1 Gb de RAM; terá cámara de
8 MpÃxeles, soporte para dobre SIM, un grosor de 9,9 milÃmetros e sairá á venda
en China a finais de mes a un prezo por confirmar.