O novo MacBook branco conta cunha autonomÃa de 10 horas
martes, 18 de maio do 2010
Os portátiles máis básicos de Apple, os MacBook con carcasa branca Unibody de policarbonato, veñen de renovarse silenciosamente, actualizando as súas prestacións cunha importante mellora dos equipos, o que desafortunadamente afecta ao seu prezo. Deste xeito, os portátiles de Apple sitúan o seu prezo de partida nos 979 euros, incorporando unha pantalla LED de 13,3 polgadas, un procesador Intel Core 2 Duoa a 2,4 GHz, 2 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro, unidade SuperDrive, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 320M e unha baterÃa que promete unha autonomÃa de 10 horas, podendo considerarse a este último elemento como a mellora máis destacable, posto que o modelo anterior tiña unha autonomÃa de 7 horas).