O novo Smart TV de Xiaomi será actualizable
luns, 19 de outubro do 2015
AÃnda que os chineses teñan sona de plaxiar tecnoloxÃa, tamén saben innovar, e parece que Xiaomi está a camiñar por sendeiros moi prometedores, xa que hoxe presentou un par de produtos moi diferentes, pero igualmente chamados a revolucionar cadanseu sector: o Mi TV 3 (televisor) e o Ninebot mini (patÃn eléctrico).
O televisor actualizable
Que supoñen de revolucionarios estes novos produtos. Para comezar, o Mi TV 3
non só é un impresionante Smart TV de 60 polgadas cun panel de ultra alta
definición, que presume dun marco de metal ultra-delgado de só 11,6 milÃmetros,
que fai que pareza máis unha tableta xigante que un televisor, e que o seu prezo
sexa de só 4.999 iuans (694 euros), senón que o rechamante é que e está
deseñado de xeito que o panel e a súa placa base son independentes, de xeito
que poderase substituÃr a placa para que o televisor non quede desfasado nun
par de anos como acontece cos Smart TV actuais. Deste xeito poderase aproveitar
mellor a longa vida da pantalla, estimando dende Xiaomi que pode durar
tranquilamente unha década, mentres que a placa poderÃa mudarse cada 18 meses.
Adicionalmente tamén presentaron a Mi TV Bar, barra de son que inclúe as
tÃpicas prestacións dun Smart TV e que venderase por 999 iuans (139 euros), de
xeito que o propio sistema de son pode converter un televisor ou un proxector
de vÃdeo nun sistema Smart TV, destacando especialmente polo feito de que pode
axudar a reducir o caos de cableado do salón, xa que entre un Mi TV 3 e unha Mi
TV Bar só é preciso empregar un Mi Cable, de xeito que logo na barra de son
podemos gozar de 3 portos HDMI, 2 portos USB, 1 porto VGA, 1 porto Ethernet e
incluso unha toma de antena, o que fai moi doado agochar da vista os cables que
comunican cos distintos periféricos que podemos conectar ao televisor.
Pero
aÃnda que esteticamente o Mi TV Bar sexa moi atractivo, non é menos destacable
a nivel de prestacións de Smart TV, xa que está equipada cun procesador de
catro núcleos a 1,4 GHz, gráfica Mali-T760, 2 GB de RAM, 8 GB de almacenamento
interno, Wi-Fi AC e Bluetooth 4.1, sendo capaz asà tanto de acceder a numerosos
contidos en liña e aplicacións como de reproduducir incluso vÃdeo en ultra alta
definición a 60 imaxes por segundo comprimido en H.265, polo que é unha
solución moi atractiva para actualizar un vello televisor, sorprendendo por un
prezo máis propio dun reproducir multimedia que dunha solución tan completa.
Tamén pode completarse a barra de son co Mi Subwoofer (599 iuans) e cun mando a
distancia Bluetooth con sensor de movemento e control por voz (99 iuans).
O competidor low-cost do Segway
Dende hai anos o sistema de desprazamento persoal Segway é todo un
referente internacional de innovación, que actualmente podemos ver en moitos
centros comerciais e incluso en espazos abertos, estando o seu uso limitado
principalmente a tarefas de vixilancia ou usos recreativos (turismo), non
conseguindo converterse nun produto de consumo masivo por mor do seu elevado
prezo, e aà é onde entre a competir agora Xiaomi co Ninebot mini, un sistema
eléctrico de desprazamento persoal, ao que pode subirse o usuario para
controlalo mediante a inclinación do seu corpo, podendo acadar velocidades de
até 16 quilómetros por hora e que só pesa 12,8 quilogramos e é o
suficientemente compacto como para levalo no maleteiro do coche.
Este produto
que incluso pode configurarse mediante un smartphone (axustándose asà á
filosofÃa propia de Xiaomi) sorprende especialmente por custar só 1.999 iuans
(277 euros), bastante lonxe dos milleiros de euros que pode custar un Segway.
Queda agora por ver cal é o uso que se dará a este trebello, que nun principio
parece pensado como alternativa ao monopatÃn, de aà que incluso Xiaomi
comercialice tamén lotes de proteccións. A súa autonomÃa chega para percorrer
até 22 quilómetros cunha única carga, polo que tamén parece unha interesante
solución para percorridos turÃsticos. Chegará ao mercado chines o 3 de novembro
- O Ninebot mini promete ser máis práctico e económico que un Segway