O novo Tablet PC de Clevo combina potencia cun reducido tamaño
martes, 11 de marzo do 2008
AÃnda que o fabricante taiwanés Clevo non sexa moi coñecido en España, está
claro que pode facerse un oco no mercado dos Tablet PC grazas a equipos coma o
seu novo TN120R,
que nun reducido tamaño (306 x 224 x 37,5 milÃmetros) achega elevadas prestacións,
pois inclúe un procesador Intel Core 2 Duo T9500 a 2,6 GHz, pantalla táctil de
12,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles xiratoria para o seu uso
coma Tablet, ata 4 Gb de memoria RAM, disco duro SATA e unha tarxeta de vÃdeo
con soporte para Dual View.
O equipo tamén inclúe gravador de DVD, webcam de 2 MpÃxeles, 3 portos USB,
altofalantes, micrófono, lector de tarxetas de memoria, Bluetooth, Wi-Fi,
Ethernet, fenda ExpressCard e módulo HSDPA. É compatible con Windows Vista e
mesmo ten a opción de integrar un sistema de recoñecemento de pegadas dixitais.
O seu peso tamén é moderado, xa que cunha baterÃa de 4 celas pesa 2,1
quilogramos.
AÃnda non
se coñecen os datos do seu lanzamento en Europa.