O novo catálogo interactivo Films from Galicia xunta 58 títulos do noso audiovisual
xoves, 17 de marzo do 2022
Este
mércores
17 presentouse en Santiago o novo catálogo interactivo Films from
Galicia 2022, editado pola Consellería de Cultura e
Educación para “contribuír á promoción internacional da máis
recente produción galega para cinema e televisión, así como para
poñer en valor a súa calidade artística e técnica”. O
catálogo, dispoñible en liña en formato PDF, foi dado a
coñecer polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o
director da axencia AGADIC, Jacobo Sutil.
Segundo
fixeron saber, recolle 58 títulos que “ofrecen unha completa
panorámica da actualidade do noso sector audiovisual, deixando
testemuño da variedade da oferta galega, ademais de contribuír a
difundir a nosa Comunidade como escenario de rodaxe”.
A
publicación mantén a súa “estrutura habitual” en catro grandes
bloques: Pics para longametraxes de ficción, con 22
producións e proxectos; Docs para documentais, con 19; Toons
para a sección de animación, con 6, e TV para series,
miniseries e películas para televisión, con 11 títulos. Dos 58
traballos recompilados, a partir dunha convocatoria dirixida a todas
a produtoras galegas, 35 están xa rematados, mentres que os 23
restantes atópanse aínda en proceso. Amais, Shorts from Galicia
tamén renovou contidos en 2022 coa edición física e dixital
dunha escolma de sete curtas xa en distribución e dous work in
progress.
