O peche de Vine poderÃa ser consecuencia da falta de apoio aos creadores de contido
luns, 31 de outubro do 2016
O anuncio do peche
de Vine por parte de Twitter está a xerar bastante debate e a facer que o
público sexa máis consciente da importancia do rol dos creadores de contido á
hora de manter as plataformas audiovisuais, xa que nos últimos meses os viners máis célebres foron migrando
paulatinamente a Facebook, YouTube, Instagram... facendo que Vine perdese o seu
pulo inicial e levando tal prometedora ferramenta á irrelevancia, de aà que o
seu peche fose cunha decisión inevitable para unha compañÃa como Twitter, que
ten que sanear a súa economÃa de cara á súa potencial venda.
Pero agora coñécese información que explica aÃnda mellor esta deriva, xa que transcendeu
unha xuntanza secreta de Karyn Spencer, responsable do desenvolvemento creativo
de Vine, con 18 dos 50 creadores máis importantes da plataforma hai cousa dun
ano, na que as estrelas pedÃan
cambios no servizo (ante problemas de acoso e outros conflitos cos que dende
Twitter levan moitos anos sen saber como actuar) e unha liña de comunicación
máis directa, esixindo os creadores 1,2 millóns de dólares cada un pola súa
fidelidade a Vine, traducÃndose este pagamento nun compromiso de producir 3 vines á semana, o que xerarÃa milleiros
de millóns de reproducións de vÃdeo na aplicación e, en caso contrario, a
abandonarÃan.
Ante a negativa de Vine de compensar economicamente aos seus principais
creadores, comezouse unha vaga de abandonos, nos que uns foron aproveitando o
elevando crecemento de Instagram para chegar a máis público, outros potenciaron
a súa presenza en YouTube para conseguir máis ingresos, outros tiraron de
Facebook para aproveitar o seu maior número de usuario... en definitiva, que
Vine foi quedando orfo de contidos orixinais que son os que fidelizaban aos usuarios,
de xeito que pouco a pouco na plataforma comezou a predominar o material
irrelevante.
Parece inevitable a desaparición de Vine, pero o que tamén parece claro é que
as plataformas con contidos xerados polos usuarios, se queren ter material de
calidade teñen que ofrecer posibilidades de retribución económica para os
creadores se non queren converterse nun sumidoiro que poida desbotarse no
futuro sen que ninguén os bote en falta.