O pico-proxector Cinemin Swivel xa pode reservarse

xoves, 30 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O pico-proxector Cinemin Swivel de WowWee está máis próximo de converterse nunha realidade, e o seu fabricante xa acepta encargos deste pequeno trebello (mide 12 x 5,2 x 2,2 centímetros e pesa 170 gramos) capaz de proxectar unha imaxe de ata 60 polgadas a unha distancia de 2 metros, aínda que cunha resolución de só 480 x 320 píxeles, polo que sería ideal para presentar vídeos de dispositivos coma o iPhone, a PSP ou outros reprodutores multimedia portátiles e teléfonos móbiles que conten con saída de vídeo.
O prezo do dispositivo será de 349,99 euros, e podemos destacar que, aparte da súa portabilidade debido ao seu reducido tamaño e peso, tamén sorprende por contar cunha bisagra que permite xirar 90 graos o proxector para, por exemplo, amosar as imaxes no teito.
O proxector conta cunha batería que achega unha autonomía de 2 horas, conta cunha lámpada con iluminación LED que achega un brillo de 8 lumens ANSI, unha relación de contraste de 1.000:1 e unha vida de máis de 20.000 horas e non precisa de ventilador (o que fai silencioso o seu funcionamento).

PUBLICIDADE