O portal Lingua.gal achéganos á vida, á obra e ás celebracións de Ricardo Carvalho Calero
xoves, 7 de maio do 2020
O
portal Lingua.gal, a web da
SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, confÃrmase un ano máis
como un recurso de primeira orde para consultarmos todo o relativo á
celebración do DÃa das Letras Galegas, que este ano, coas
circunstancias especiais e imprevistas que desencadeou o Estado de
Alarma e a pandemia, vai
adicado ao ferrolán Ricardo Carvalho Calero, un dos grandes
autores do noso panorama literario e ensaÃstico do século XX e un
dos máis sobranceiros defensores da posta en valor da nosa
identidade común con Portugal e os paÃses lusófonos.
O
portal Lingua.gal preséntase como unha xanela informativa
referencial sobre a vida e o legado de Carvalho Calero e tamén un
punto de consulta da axenda institucional de actos conmemorativos
previstos, unha axenda que é probable que sufra cambios por mor da
imposibilidade de celebrar o 17 de maio de xeito normalizado, pero
que nos serve para dar conta do amplo consenso existente na sociedade
do paÃs arredor da importancia da figura do autor homenaxeado, cunha
chea de entidades argallando diferentes accións complementarias (a
propia Xunta, a asociación reintegracionista AGAL, o colectivo
Egeria, o Concello de Ferrol, as tres universidades da nosa terra, o
Parlamento, a Fundación Penzol, empresas como GADISA, VEGALSA-Eroski
ou FEIRACO, a Escola Galega de Administración Pública, múltiples
bibliotecas da nosa terra e unha manchea de concellos e institucións
galegas e lusas, entre outras moitas institucións, organismos,
asociacións ou empresas). Por certo que PolÃtica LingüÃstica
contribuirá aos actos conmemorativos con iniciativas como por
exemplo o programa de dinamización do galego FalaRedes, que levará
espectáculos para toda a familia a unha manchea de concellos da Rede
de Dinamización LingüÃstica, dando a coñecer o legado de Carvalho
Calero.
