O primerio proxector con certificación 8K do mercado será de Samsung
martes, 17 de decembro do 2024
Samsung está a anunciar que o seu proxector estrela, The Premiere 8K, vén de recibir a primeira certificación 8K Association (8KA) da industria dos proxectores 8K, o que supón toda unha mostra da posición de liderado da compañÃa surcoreana neste ámbito.
O programa de certificación de proxectores 8K presentouse oficialmente o pasado dÃa 10, e supón un paso adiante no desenvolvemento do ecosistema 8K. A certificación avalÃa un conxunto de normas fundamentais para ofrecer unha boa experiencia de visualización, como unha resolución de 7.680 x 4.320 pÃxeles, e o brillo, o contraste e a gama de cores que garantan uns detalles vÃvidos tanto nas luces como nas sombras, e tamén se analizan detalles como o HDR, o escalado 8K e o audio inmersivo.
The Premiere 8K é un proxector presentado hai xa preto dun ano, que destaca por ofrecer conectividade sen fÃos 8K e tecnoloxÃa de proxección a ultra curta distancia. Ten un brillo de 4.500 lumenes ISO e tamén integra un módulo de altofalantes superior, aÃnda que cómpre salientar que estamos ante un produto considerado pola propia marca como ultrapremium, polo que o seu prezo será bastante elevado.