O programa +DEspaña da TVE afonda na páxina galega Granxafamiliar.com
xoves, 5 de agosto do 2010
A web Granxafamiliar.com, iniciativa posta en marcha polo grupo Gis-T Idega para darlle saÃda económica ás pequenas explotacións do noso rural achegándoas ao mundo a través da Rede, será unha das cuestións estrela nun dos capÃtulos da serie documental +DEspaña que a TVE vai emitir no vindeiro mes de setembro. A serie, que vai dirixida a pór de relevo proxectos innovadores de todo o Estado, reservaralle un amplo espazo á dita iniciativa dentro da sección Vangarda no medio rural, orientada a amosar proxectos que modernicen e potencien os sectores agrÃgolas, gandeiros e pesqueiros.
Segundo informa a USC, a serie na súa totalidade foi gravada no último semestre do ano 2009 e inclúe un total de 32 capÃtulos dunha hora. A data prevista para a emisión de Galicia II, terra de emprendedores, a entrega que dará acubillo a granxafamiliar.com, é o 4 de setembro.
Lembrar por outra banda que o proxecto-web no que vai afondar a TVE vén de medrar recentemente en repercusión na Rede, sobre todo grazas á posta en marcha da páxina galiciaautentica.org, impulsada polo Gis-T Idega en colaboración coa Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar co obxectivo de facer entender que o turismo galego ten unha identidade propia de seu (paisaxe, costumes, tradicións, gastronomÃa) e que conta cun amplÃsimo potencial para a nosa reactivación económica. A web promove entre outras cousas unha serie de rutas etnográficas froito do traballo do grupo Gis-T ao longo e ancho da nosa terra, rexistrando e dixitalizando anacos da nosa identidade a xeito de flashes informativos.