O programa Girl STEM entrevista a Amparo Alonso Betanzos
xoves, 3 de decembro do 2020
Esta
semana Girl STEM conversa con Amparo Alonso Betanzos, catedrática de
Ciencias da Computación da Universidade da Coruña e investigadora en proxectos
de Computación e Intelixencia Artificial. Esta entrevista, realizada pola
informática galega e Premio Ada Byron, Luz Castro, salienta que temos que
corrixir eivas na intelixencia artificial porque nos ofrece resultados que
perpetúan os nesgos de xénero en accións tan cotiás como as traducións automáticas
ou os asistentes persoais. Sobre o futuro da intelixencia artificial, a
profesora Alonso asegura que «a gran revolución vai vir en áreas como a
sanidade e o ensino».
AGASOL e a Xunta de Galicia, a través da AMTEGA, continúan
asà este ciclo de conversas, enmarcado no Plan de Promoción do Talento Dixital
da AMTEGA, que busca a reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e
homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñerÃa e
Matemáticas).
Nesta edición, o programa Girl STEM transfórmase nunha
acción totalmente dixital e pedagóxica para adaptarse ás circunstancias
impostas pola COVID-19 e para avanzar cara dinámicas máis eficaces que acheguen
recursos cos que traballar de forma transversal nas aulas de todos os centros
de ensino de Galicia.
AsÃ, AGASOL fará chegar aos centros de ensino galegos a
conversa con Amparo Alonso Betanzos en formato de pÃlula audiovisual,
acompañada dunha unidade didáctica, coas súas biografÃas, a explicación dos
seus traballos e os proxectos que están a desenvolver.
O vindeiro xoves o programa Girl STEM publicará a
última conversa desta edición, protagonizada pola referente Susana
MartÃnez-Conde, neurocientÃfica e profesora da Universidade de Nova York, que
será entrevistada por Mª José Malmierca, coordinadora de e-learning no CESGA.
VÃdeo coa entrevista a Amparo Alonso