O programa tecnolóxico Innova-TE levará a e-administración a Lugo

xoves, 25 de marzo do 2010 Raquel Noya

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, foi o encargado de clausurar, este mércores, o II Seminario Sociedade da Información de Galicia celebrado no centro On de Caixa Galicia en Santiago, onde aproveitou para presentar o programa tecnolóxico do seu organismo provincial, Innova-TE.
Este proxecto, que supón o maior investimento en TICs feito nunca en Galicia, está dotado de 9 millóns de euros achegados nun 70 por cento con fondos FEDER e nun 30 por cento por parte da Deputación de Lugo.
Este acto, que contou coa participación da secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, foi organizado por un prestixio grupo de expertos en novas tecnoloxías en Espana, e ao mesmo tamén acudiron os principais responsables nesta materia de todas as administracións da Comunidade, que presenciaron con interese a presentación de Innova-TE.
O titular do organismo provincial explicou que “Lugo sitúase nos últimos postos na media dos indicadores estatais, e nos estandares de Europa no que ás novas tecnoloxías se refire”. Neste senso, lembrou que coa chegada á Deputación “fíxose un cambio de rumbo da institución, apostando polo campo, á cooperación máxima cos Concellos, e a innovación”.
A iniciativa do organismo provincial permitirá, mediante a Administración electrónica, promover avances tecnolóxicos e sociais, situando á Lugo como un territorio plenamente insertado na Sociedade da Información. O presidente asegurou que “ó igual que no seu día Lucus Augusti foi a capital do Imperio Romano, temos o reto de convertirnos na capital cunha nova Lucus Technology. Para elo, primeiro tivemos que cambiar o noso software, unha partida que xa estamos gañando. Hoxe, miles de lucenses xa están mentalizados de que non podemos seguir ó marxe das novas tecnoloxías”.
A Deputación adxudicou definitivamente o programa Innova-TE á UTE Mnemo-Software AG-Fujitsu logo dun proceso de contratación que, segundo informaron dende a entidade pública, “concluiu sen unha soa alegación, e estivo marcado pola transparencia e a publicidade”. Deste xeito, a adxudicataria implantará a e-administración no organismo provincial e en 66 Concellos da provincia en 2011.
O Presidente da Deputación explicou que, con estas melloras, os cidadáns de Lugo poderán realizar en liña, mediante o DNI electrónico, unha gran variedade de trámites na web dos Concellos como por exemplo conseguir o certificado de empadronamento, inscribirse na actividade cultural, reservar instalacións deportivas, pedir permiso para unha obra en domicilio, ou solicitar permiso para a queima de rastroxos.