O proxecto Fixar xa ten a 80 emprendedores para comezar as súas estadÃas nos colivings rurais galegos
venres, 23 de maio do 2025
Promover o modelo dos colivings de emprendedores no rural é o obxectivo da segunda edición do proxecto Fixar do Goberno galego e a Asociación Cultural Sende, que xa ten seleccionados aos 80 emprendedores que darán comezo as súas estadÃas de 15 dÃas nos perÃodos que escollesen ata o 15 de outubro nos espazos coliving implicados neste proxecto, que son: Sende (Lobeira, Ourense), Anceu, (Ponte Caldelas) e iSlow, Laxe (A Coruña).
Dicir que entre os seleccionados hai profesionais do eido da artesanÃa, o turismo, o deseño web, a fotografÃa, a arquitectura, distintas disciplinas artÃsticas, persoas relacionadas co audiovisual, a sostibilidade ambiental, o benestar, a xestión cultural, a investigación en distintas áreas, asà como a educación.
Engadir que xunto aos 60 participantes da primeira edición deste proxecto estase a crear unha rede para conectar a estes 140 emprendedores no rural galego. Nesta nova edición afondarase en determinar potenciais negocios necesarios no ámbito comarcal, de maneira que a súa posta en marcha poida ser beneficiosa para o emprendedor e para a contorna, explorando as sinerxÃas locais e coa propia Rede de Polos despregada por toda Galicia, que conta arestora con 15 oficinas activas.
Os beneficiarios da segunda edición de Fixar recibirán orientación e formación en áreas como: xestión de proxectos, estratexias de emprendemento e networking e ferramentas para desenvolver os seus negocios e iniciativas desde a contorna rural. A finalidade é impulsar e ampliar a súa rede de contactos e mellorar a súa estratexia empresarial, entre outros aspectos.
Coa primeira edición deste proxecto consolidouse unha comunidade activa que segue medrando tanto de xeito online como a través de eventos presenciais, coa celebración das denominadas Xuntanzas Fixar que fomentan o intercambio de experiencias e fortalecen as relacións entre os participantes do proxecto promovendo o desenvolvemento de novas ideas e proxectos no rural.
Alén disto, nestes encontros afóndase no potencial do modelo coliving, que contribúe a facer fronte a retos como o demográfico ou a remuda xeracional. Tamén se creou un mapa para identificar e estudar os proxectos participantes, co obxectivo de que sexa unha ferramenta de investigación e conexión de oportunidades no territorio ao abeiro dos mesmos.
Para rematar, dicir que grazas a esta proposta, entre outras, Galicia obtivo o galardón como Rexión Emprendedora Europea 2025 polo labor á hora de potenciar proxectos que contribúan a fixar poboación nas catro provincias.