O proxecto de escolas rurais 2.0 do CESGA, semifinalista nos premios Educared
martes, 26 de xullo do 2011
O proxecto galego Escolas rurais virtuais para a
computación na nube, implantando recentemente no Colexio Rural Agrupado
de Boqueixón-Vedra, vén de superar a primeira fase dun dos certames de innovación
tecnolóxica aplicada á ensinanza de meirande prestixio estatal, europeo e
mundial. Falamos da nova edición dos Premios Internacionais Educared, un
concurso dirixido a recoñecer o máis salientable da formación 2.0 no eido
iberoamericano e que arestora atópase preto
de afrontar un dos seus intres máis decisivos: a elección dos finalistas
dos galardóns entre a listaxe dos 400 proxectos que superaron a primeira fase,
a dedicada á avaliación. Entre estes 400 semifinalistas que soben ao segundo
chanzo da convocatoria atópase o proxecto galego.
Por certo que este ano presentáronse aos
premios preto de 4.000 traballos de 29 paÃses, entre os que se contan
Arxentina, Brasil, Bolivia, Colombia, Cuba, España ou Portugal. A primeira fase
do certame consistiu na revisión pormenorizada de tódolos traballos por parte
da Comisión Técnica do Xurado, un equipo constituÃdo por 80 profesionais dos
mundos educativo e profesional (docentes, profesores universitarios,
xornalistas, especialistas en aprendizaxe en liña e máis en redes sociais) e
que seleccionou para a segunda fase da convocatoria aqueles proxectos de meirande
calidade e potencial.
Por certo que ao longo deste mes de agosto xa
poderemos saber se o proxecto galego acada un posto entre os finalistas.
Dicir que a iniciativa de Escolas rurais virtuais vén da man do Centro de Supercomputación de
Galicia, o CESGA, que afrontou este traballo cun
obxectivo claro de loitar contra a fenda dixital que afecta a unha boa
parte dos nosos ámbitos xeográficos non urbanos, e facelo dende a base mesma da
ensinanza, amosando entre a comunidade educativa o amplo potencial das redes
2.0 para o desenvolvemento en tódalas súas facetas. A iniciativa, que é moi
probable que se integre no Proxecto Abalar da Xunta, está a funcionar nas 7
escolas que compoñen o CRA Boqueixón Vedra e, tal e como fixemos saber dende
esta web con motivo da presentación do proxecto, xunto coa Universidade de
Idaho e unha universidade de Taiwan, conforman os 3 únicos centros do mundo que
foron financiados por Hewlett Packard, HP, para desenvolver os seus proxectos
piloto neste eido.
Grazas á tecnoloxÃa de computación na nube os
profesores e alumnos das 7 escolas de educación primaria e infantil que
compoñen o CRA galego, poden comunicarse entre si, traballar e facer
actividades escolares de forma conxunta sen ter que desprazarse, a través da
Rede. Para iso contan coa tecnoloxÃa cloud, en nube, que permite
acceder a unha serie de servizos informáticos e responder ás necesidades do
usuario de forma flexible e personalizada, a través de internet e sen
necesidade da axuda de expertos informáticos.
Cunha solución de software libre e código aberto os usuarios traballan nunha
plataforma sinxela que é axeitada tanto para o profesorado como para os
estudantes e as súas familias, grazas á que non é necesario contar cos recursos
e programas instalados en cada ordenador, senón que se pode contar cos
materiais didácticos e recursos de aula nun espazo común, dispoñible dende
calquera ordenador ou incluso móbil, conectado a Internet, para todos os
membros da comunidade educativa.
Deste xeito ademais redúcense ao mÃnimo as dificultades técnicas, limÃtanse os
custos de licencias de software, e créase unha contorna de traballo virtual a
través dunha única aplicación lixeira, estruturada en varios niveis de acceso,
segundo o perfil do usuario final.
