O proxecto galego e-Hospital volve a recoller un premio internacional
xoves, 7 de maio do 2009
O proxecto e-Hospital, que desenvolve o CESGA
en colaboración co Grupo de Investigación en TecnoloxÃa Educativa da USC mailo
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, vén de recibir o prestixioso galardón
European Lifelong Learning Award, en
recoñecemento ao seu labor de formación continua mediante e-learning de doentes adultos hospitalizados de longa duración.
e-Hospital, que foi seleccionado
pola Comisión Europea como un dos tres proxectos Grundtving máis destacados en todo o vello continente, fÃxose co
recoñecemento internacional pola súa contribución á innovación e creatividade
na proposta.
O premio, que os responsables
da iniciativa recibiron de mans do Comisario de Educación, Cultura e Xuventude
da Comisión Europea, Ján Figel e do ministro de Educación checo, Ondej Liska,
foi concedido en Praga no marco da Conferencia Europea sobre Innovación e
Creatividade no Programa de
Aprendizaxe Permanente, e compartiu protagonismo con outros 18 galardoados
nas categorÃas de: Comenius, Erasmus,
Grundtvig, Leonardo dá Vinci, Linguas e TecnoloxÃas de Información e Comunicación (TIC).
A experiencia piloto
e-Hospital española xa fora recoñecida no ano 2007 co premio Computerworld que outorga unha relevante
publicación do sector das Telecomunicacións, onde se destacou o labor do
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña como a institución pública que
máis impulsou ese ano o uso das TIC para o benestar dos cidadáns. Tamén o
Observatorio de Boas Prácticas Universitarias e Compromiso Social da Global
University Network for Innovation (GUNI) promovido pola UNESCO, United Nations
University (UNU) e a Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), seleccionaron
o estudo piloto español como exemplo de Boa
Práctica.
Por outra banda, no ámbito internacional o proxecto foi galardoado hai
uns meses co mais prestixioso premio á educación de adultos que concede o
Ministerio de Educación, Ciencia e Cultura de Austria como a iniciativa con
maior potencial innovador para a educación de adultos de entre 66 propostas
presentadas ao galardón.
