O reto da transformación dixital na Zona Franca centrou un encontro do ICOIIG

luns, 20 de xaneiro do 2020 Redacción

Este 17 de xaneiro o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) organizou en Santiago unha nova actividade empresarial da súa Oficina de Transformación Dixital (OTD). Desta volta, o colexio realizou un almorzo de traballo sobre O reto da transformación dixital da Zona Franca de Vigo.
No acto participou o delegado do goberno na Zona Franca, David Regades, quen explicou as distintas actividades de transformación dixital acometidas na entidade nos últimos anos.
Este evento, celebrado na delegación colexial de Santiago de Compostela o pasado 17 de xaneiro, forma parte do programa Oficina de Transformación Dixital que o ICOIIG está a desenvolver co apoio do Ministerio de Economía e Empresa. O ano pasado este programa xa realizou máis de 120 eventos no sete principais cidades galegas. Todas estas actividades foron de acceso libre e gratuíto.

PUBLICIDADE