O servizo multiSIM de Vodafone chega a ordenadores persoais

martes, 26 de xullo do 2022 Marcus Fernández

Vodafone está a ampliar a gama de dispositivos compatibles co seu servizo multiSIM OneNumber, que até o momento limitábase a reloxos conectados, altofalantes con Alexa, teléfonos e tabletas, de xeito que será compatible con portátiles e tabletas con eSIM e Windows 10 ou superior, facilitando así que os usuarios poidan estar conectados á Rede en mobilidade sen ter que usar redes Wi-Fi inseguras ou ter que compartir a conexión do seu smartphone.
A activación do servizo pode realizar dende o propio dispositivo a conectar, e ten un custo mensual de 5 euros/mes (ou de balde para os clientes con Vodafone One Hogar Ilimitable). Ao estarmos ante un servizo de multiSIM, os dispositivos conectados comparten as condicións da tarifa principal, ou sexa, que non supón a contratación de bonos de datos móbiles adicionais.
Vodafone tamén ten no seu catálogo equipos compatibles co servizo multiSIM OneNumber, como serían a Microsoft Surface Pro 7 ou a Microsoft Surface Go 3 LTE, que poderían adquirirse por 37,50 euros/mes ou 17,50 euros/mes durante 36 meses de ter contratada algunha tarifa móbil ou converxente coa operadora.