O tablet bq Edison 2 estrea modelo con procesador de 4 núcleos
venres, 18 de outubro do 2013
O fabricante español bq presenta o seu novo tablet
bq Edison 2 cun procesador Cortex A9 de catro núcleos a 1,6 GHz (o tablet
xa contaba cun modelo con procesador de dobre núcleo) apoiado por unha gráfica
Mali 400 a 600 GHz, con modelos con 1 Gb de RAM e 16 Gb de almacenamento
interno e con 2 Gb de RAM e 32 Gb de almacenamento interno (ampliables en ambos
casos mediante tarxetas microSD), contando tamén coa opción de conectividade
3G.
Este interesante dispositivo en unha pantalla IPS de alta definición (1.280 x
800 pÃxeles) de 10,1 polgadas, sistema operativo Android 4.2, cáamras de 2 e
0,3 MpÃxeles, Wi-Fi N, mini-HDMI, Bluetooth, baterÃa de 8.600 mAh (que
achegarÃa unha autonomÃa de 8 horas de navegación web) e, no caso do modelo con
3G, GPS.
O novo tablet de bq tamén conta con son Dolby integrado, o seu sistema
operativo recibirá actualizacións Over
The Air e inclúe só as aplicacións fundamentais (evitando o consumo de
recursos excesivo que fan algunhas capas gráficas doutros fabricantes), permite
a conexión de dispositivos por Bluetooth (como teclados e ratos informáticos) e
pode conectarse a un televisor por USB mediante HDMI dual 1080p (ou sexa, que
pode interactuarse co tablet mentres se reproduce a imaxe simultaneamente no
tablet e no televisor).
Espérase que o
modelo con Wi-Fi, procesador de catro núcleos, 2 Gb de RAM e 32 Gb de
almacenamento interno teña un prezo de 229,90 euros, sendo previsible que o
modelo con 3G incremento o seu prezo en 50 euros.
- O tablet tamén contará cun modelo con conectividade 3G