O teletraballo chegou en España até o 11,2% da poboación ocupada durante o primeiro trimestre de 2021

mércores, 16 de xuño do 2021 S. P.

A COVID-19 cambiou para sempre a nosa relación coas novas tecnoloxías, basicamente estreitándoas a acelerando a transformación do noso xeito de comunicarnos e traballar. O novo informe do observatorio ONTSI, dependente de Red.es, así o confirma. Nel faise saber que o teletraballo aumentou España até o 11,2% da poboación ocupada durante o primeiro trimestre de 2021. Segundo se explica no informe, o traballo a distancia “foi un elemento decisivo para permitir a coexistencia da actividade económica e as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19”.
Esta conclusión despréndese dos indicadores incluídos no estudo Teletraballo e traballo en mobilidade en España e a UE que acaba de publicar o ONTSI (Observatorio Nacional de Tecnoloxía e Sociedade), adscrito a Red.es. Este estudo reflicte como desde o segundo trimestre de 2020 ao primeiro trimestre de 2021 en España produciuse “unha adopción rápida da actividade laboral online”.
No segundo trimestre de 2020, correspondente co período de confinamento estrito, o 16,2% dos ocupados do país (3.015.200 persoas) traballaron desde o seu propio domicilio máis da metade dos días. No terceiro e cuarto trimestre estes teletraballadores descenderon a cifras próximas ao 10% e no primeiro trimestre de 2021, co agravamento da pandemia e debido ás medidas de redución do contacto social por parte das autoridades, esta porcentaxe creceu de novo até o 11,2% (2.146.000 persoas).
Analizando por xénero, obsérvase que o teletraballo adoptouse durante a pandemia en maior medida polas mulleres, mantido porcentaxes en todos os trimestres estudados de 2,2 porcentuais por encima dos homes en termos globais. Esta distancia entre mulleres e homes é lixeiramente maior que na media da Unión Europea, que se sitúa en 1,7 puntos porcentuais positivos.
Respecto de franxas de idade, as persoas de 35 a 45 anos teñen maior presenza na modalidade de traballo a distancia por “ser máis compatíbel coa conciliación”, dado que neste colectivo é máis frecuente o coidado de menores e dependentes. Os traballadores máis novos (16-24) son os menos propensos ao teletraballo, seguido dos maiores de 55 e máis anos.

PUBLICIDADE