Xusto no día no que o Nexus 4 rebaixa o seu prezo e o Nexus 7 chega a España, sabemos que unha das persoas que presentou eses produtos en sociedade o mes pasado, o vicepresidente da división de Android en Google, Hugo Barra, anunciaba a súa marcha da compañía tras 5 anos e medio traballando na mesma e 3 anos como membro do equipo de Android para facer as maletas e pasar a traballar en China, concretamente no emerxente fabricante Xiaomi, que estes días está a presumir dos seus bos resultados dos últimos 2 anos, en boa medida pola súa atinada estratexia baseada no sistema operativo Android.
Hugo Barra pasará a ser o vicepresidente de Xiaomi Global, o que parece deixar clara a intención da compañía chinesa en acadar unha boa proxección internacional, levando o seu catálogo de produtos e servizos fóra das fronteiras chinesas. Dende Xiaomi detallan a través de Twitter que Barra será o responsable do desenvolvemento do negocio internacional de Xiaomi e das alianzas estratéxicas de Android.
O vicepresidente de Android traballará para a chinesa Xiaomi
Compartir Este Artigo
