O videoxogo galego The Waylanders sae á venda oficialmente
mércores, 2 de febreiro do 2022
Tras 52 meses de traballo o estudio coruñés Gato Salvaje
estrea oficialmente The Waylanders,
xogo de rol para ordenador que promete máis de 40 horas de aventura para completalo
e que nesta versión definitiva véndese a
39,99 euros a través de Steam e GOG, aÃnda que durante a
semana de lanzamento contará cun desconto do 20%.
O xogo somerxe ao xogador nun mundo fantástico inspirando en lendas, paisaxes e
patrimonio cultural propios de Galicia, e atópase adaptado a 8 linguas entre as
que non falta o galego.
Esta produción recorreu
ao micromecenado en 2018 para conseguir financiamento e apoio dunha
comunidade de xogadores; en
xuño de 2020 estreouse en Steam como xogo en acceso anticipado, de xeito
que os usuarios puideron gozar da versións preliminares do xogo, que foron
evolucionando até hoxe mesmo, cando ve a luz a versión final do tÃtulo, que nos
vindeiros meses recibirá actualizacións para corrixir os fallos que vaian
detectando e para recibir novos contidos e melloras en función da resposta do
público.
A aventura percorre dúas eras diferentes (unha época celta, con mitos e deus de
lenda, e outra medieval, na que a maxia vai perdendo pulo) e a historia conta
con personaxes interesantes e orixinais, nun mundo no que podemos ver razas
como lobishomes, mouros inmortais e xigantes fomore, asà como tamén podemos
visitar Brigantia (e a súa torre) e o Santiago medieval (coa súa catedral e as
súas murallas).
Para o desenvolvemento de The Waylanders Gato Studio contou con 40 traballadores no
seu estudio coruñés, aos que sumáronse dende outros 6 paÃses profesionais de
distintas disciplinas até chegar aos 80 profesionais involucrados na xestación
desta produción que quere demostrar o potencial dos videoxogos como industria
cultural de grande crecemento que supón unha oportunidade para a xeración de emprego
mozo.
Tráiler de lanzamento do xogo