O vindeiro filme de Pixar estrearase directamente en Disney+ sen cargos adicionais
venres, 9 de outubro do 2020
A pandemia provocou que boa parte das salas de cine do mundo
estean pechadas, e as que manteñen a súa actividade reduciron moito a súa
capacidade e contan con moito menos público, de aà que o calendario de estreas
cinematográficas estea a adiarse constantemente xa que a industria cinematográfica
non quere estrear unha superprodución na que realizou un grande investimento e
rematar perdendo cartos (como parece estar a acontecer con Tenet, que
pese a funciona relativamente ben, está a ter problemas para obter número
negros. En contraste temos que a Disney, en vez de correr o risco das salas
convencionais, apostou
por estrear o novo filme de Mulán en Disney+ a un prezo promocional de
21,99 euros a maiores da cota de servizo, o que anoxou a moitos subscritores
e chegaron a organizar unha campaña en redes sociais desacreditando o filme e
dándolle moi mala prensa, de xeito que poderiamos considerar que este experimento
da Disney fracasou, o que constatarÃa o anuncio de que a pelÃcula Soul
finalmente non chegará aos cines, estreándose en exclusiva en Disney+ o 25 de
decembro, como un agasallo de Nadal aos subscritores, que agradecerán non ter que pasar por caixa para ver unha pelÃcula
claramente pensada para estrearse en cines, o que tamén contribuirá a que Disney+
transmita a sensación de ser un servizo de valor, algo moi necesario para
corrixir a imaxe actual da plataforma, que semella un bo fondo de catálogo ao
que apenas chegan novidades, e que manterase asà durante bastantes meses xa que
a Disney está a conxelar a súas estreas cinematográficas para minimizar as
perdas económicas da conxuntura sanitaria global.
Tráiler de Soul no que aÃnda contaban coa posibilidade de estrear o filme en salas convencionais
