O2 engade televisión á súa oferta

mércores, 25 de outubro do 2023 Marcus Fernández

No verán Movistar Plus+ anunciou a apertura do seu paquete básico a clientes de calquera operador, e este movemento curiosamente está a ter un importante impacto no operador de baixo custo de Movistar, O2, que así pode engadir ao seu catálogo de produtos o servizo de televisión, de xeito que os usuarios de fibra e/ou móbil de O2 poden contratar Movistar Plus+ por 12 euros/mes, o que supón un aforro mensual de 2 euros fronte á contratación a través doutros operadores.
O servizo televisivo ofrece contido orixinal, películas, series e deporte, permitindo a súa recepción directamente en Smart TV, móbiles, tabletas e ordenadores con até dúas pantallas simultáneas, e aínda que non é un servizo tan completo como o que ten Movistar, é dabondo para unha grande masa de usuarios, permitindo así que O2 sexa un operador máis atractivo para os consumidores que simplemente queren pagar menos cada mes e non rematan de fiarse de operadores cunha cobertura diferente á de Movistar.

PUBLICIDADE