Oleiros convoca a segunda edición do seu Premio TikTok para a mocidade

venres, 3 de xuño do 2022 S. P.

Co obxectivo de “estimular a creatividade da mocidade mocidade” e “animar á creación de vídeos en galego”, o Concello de Oleiros organiza o segunda edición do seu Premio TikTok. Para participar é preciso elaborar un vídeo dunha duración máxima de 1 minuto sobre a literatura galega, a lingua ou a situación sociolingüística. O vídeo deberá ser enviado ao correo lingua@oleiros.org antes do 22 de xuño.
No certame pode participar o alumnado de primeiro a cuarto de ESO e a primeiro e segundo de Bacharelato. Haberá un premio do público, cunha pulseira intelixente; e outro do xurado, que serán uns auriculares sen fíos. O fallo será no mes de xullo.
Os traballos deben ser vídeos nos que se use o galego, de creación propia, feitos a través da plataforma TikTok, coa literatura, lingua ou situación sociolingüística como tema.

PUBLICIDADE