Olympus anuncia unha videocámara compacta que coida o seu apartado sonoro
mércores, 4 de maio do 2011
Aínda que as
cámaras de vídeo compactas vense moi ameazadas polos móbiles, iso non impide que
poidan marcar a diferenza con prestacións interesantes como fai a Olympus
LS-20M, que combina
a gravación de vídeo Full HD coa posibilidade de rexistrar audio PCM estéreo
a través de 2 micrófonos de grande calidade (que contan coa posibilidade de
gravar nun nivel de son automático para que ante multitudes e concertos poida
recollerse axeitadamente o audio).
Esta cámara é así ideal para gravar actuacións musicais en directo, eventos
deportivos, xuntanzas… podendo verse as imaxes capturadas nunha pantalla LCD de
2 polgadas (completada por unha pantalla de datos de 1,46 polgadas na que
figura a hora, os niveis de audio e o estado da batería).
A Olympus LS-20M ten un sensor CMOS de 5,32 Mpíxeles, enfoque automático, zoom
dixital de 4x, gravan en tarxetas de memoria SD/SDHC, conectividade USB 2.0, tomas para auriculares
e micrófono, unhas medidas de 134,7 x 62,8 x 18,2 milímetros, 154 gramos (sen
baterías) e un
prezo de 299,99 dólares cando chegue ao mercado norteamericano en xuño.