OpenAI abandona a creación de vÃdeo con IA
martes, 24 de marzo do 2026
OpenAI porá fin á aplicación de vÃdeo Sora e reorienta a súa estratexia en intelixencia artificial, nun movemento que tamén implica a ruptura do acordo alcanzado con Disney e a cancelación dun posible investimento de 1.000 millóns de dólares por parte do xigante do entretemento. Deste xeito diremos adeus a unha aplicación que parecÃa querer consolidarse como unha especie de TikTok de contidos creados con IA, pero que nin sequera chegou a completar a súa expansión internacional.
A compañÃa de Sam Altman confirmou a decisión a través dun comunicado no que se despide dos usuarios: «Estamos a dicirlle adeus a Sora. A todas as persoas que crearon con Sora, o compartiron e construÃron comunidade arredor del: grazas». OpenAI engadiu que ofrecerá máis información proximamente sobre os prazos de peche, tanto da aplicación como da API, asà como sobre os mecanismos para conservar os contidos xerados.
O peche prodúcese apenas tres meses despois de que Disney anunciase un acordo estratéxico con OpenAI para facilitar que Sora puidese crear legalmente contidos baseados en franquÃas como Marvel, Pixar ou Star Wars. A colaboración contemplaba a posibilidade de xerar vÃdeos a partir de indicacións dos usuarios empregando máis de 200 personaxes licenciados e mesmo incorporar unha selección destas creacións á plataforma Disney+ ao longo de 2026.
Porén, Disney confirmou que dá por finalizada a súa alianza con OpenAI. Nun comunicado, a compañÃa sinala que «respecta a decisión de OpenAI de abandonar o negocio da xeración de vÃdeo e de reorientar as súas prioridades», ao tempo que subliña que seguirá explorando outras plataformas de intelixencia artificial para conectar co público e desenvolver novas experiencias respectando os dereitos de propiedade intelectual.
A segunda versión de Sora, presentada en setembro de 2025, destacara pola súa capacidade para producir vÃdeos de alta calidade a partir de texto (converténdose en todo un fenómeno comparable ao lanzamento de ChatGPT), pero tamén xerara preocupación na industria audiovisual polo seu modelo de exclusión voluntaria de contidos protexidos por dereitos de autor.
A desaparición de Sora supón ademais que ChatGPT deixará de ofrecer xeración de vÃdeo a partir de texto, polo menos na súa forma actual. AÃnda asÃ, o sector continúa en plena expansión, con múltiples plataformas competidoras activas e baixo un escrutinio crecente por parte da industria cultural e das autoridades reguladoras.
OpenAI non detallou os motivos concretos da súa decisión, pero todo apunta a unha reconfiguración estratéxica nun ámbito, o da xeración audiovisual mediante IA, marcado pola competencia tecnolóxica e polos desafÃos legais asociados ao uso de contidos protexidos.
