Oportunista.com, segundo os seus impulsores a primeira web española de cupóns de desconto, vén de celebrar este carácter pioneiro cun proceso de renovación e ampliación de horizontes. Máis polo miúdo, co lanzamento ao mercado da nova versión da aplicación móbil de seu deseñada para iPhone e Android. Esta achega, sinalan os creadores do servizo, vai dirixida en boa medida a axilizar as prestacións de funcionalidades ao usuario “e avanzar ao mesmo ritmo cá tecnoloxía actual”. Entre outras cousas, a renovación da app supón incluír máis de 1.000 ofertas diarias referidas a establecementos de toda España.
Os usuarios potenciais desta ferramenta son os máis de 500.000 clientes de Oportunista.com. Volvendo ao proceso de remodelación, dicir que un dos cambios máis relevantes é refeitura integral do funcionamento e do deseño da ferramenta, que se quixeron liberar de calquera tipo de atranco entre a información fornecida e o receptor desa información. Por outra banda, os usuarios poderán gardar o seus cupóns favoritos na súa cuponeira para telos máis a man, buscar opcións nun enderezo afastado ou compartir aqueles cas súas amizades a través de WhatsApp. Outro dos puntos fortes da aplicación será sen dúbida a base de datos que foi quen de acubillar Oportunista.com ao longo da súa relativamente longa traxectoria, segundo sinalan os seus creadores “unha listaxe de cupóns de desconto que supera á de calquera outra web en España”.
Oportunista.com achegará 1.000 ofertas diarias de desconto a través da súa nova app
Compartir Este Artigo
