Oppo presenta un móbil con cámara frontal de 5 Mpíxeles

martes, 20 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Nos últimos meses Oppo está a sorprender por presentar dende China algúns móbiles realmente interesantes e atractivos, e agora repiten o seu camiño innovador co seu terminal U705T, máis coñecido como Ulike 2, que ten unha pantalla de 4,5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles (cun marco de só 2,2 milímetros), 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, batería de 2.020 mAh, Android 4.0 e uns detalles un tanto rechamantes, como o feito de que a súa cámara traseira de 8 Mpíxeles vén acompañada por unha cámara frontal de 5 Mpíxeles, algo moi pouco habitual en móbiles, e que parece estar enfocado non para a videoconferencia, senón para o disparo de auto-fotos. Esta característica, xunto co seu deseño, dan a entender que estamos ante un móbil pensado para atraer a un público feminino. O Oppo Ulike 2 chegará ao mercado chinés o 19 de decembro.

O Oppo Ulike 2 parece destinado a un público feminino

PUBLICIDADE