Orange comercializa un tablet de 7 polgadas con Android 3.2
luns, 23 de abril do 2012
Xa está dispoñible en España o tablet
Orange TahitÃ, que vén a ser unha versión do Huawei
MediaPad comercializada polo operador de France Telecom, que aspira a
converterse nun atractivo tablet de entrada co sistema operativo Android 3.2 e
cun prezo de 329 euros que pode baixar ata os 69 euros asociándoo a unha tarifa
Internet Everywhere 39 ou 209 euros coa tarifa Internet Everywhere 23 (ambas
cunha permanencia de 24 meses). Tamén está dispoñible no catálogo de puntos
Orange.
Estamos ante un tablet con pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 1.280 x
800 pÃxeles (superior á meirande parte de tablets deste tamaño), un procesador de
dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de capacidade interna ampliable
mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb, GPS, cámaras de 5 e 1,3 MpÃxeles,
Wi-Fi N, Bluetooth 2.1 e baterÃa de 4.100 mAh (o que permite unha autonomÃa
dunhas 6 horas). O trebello mide 190 x 124 x 10,5 milÃmetros e pesa uns 390
gramos, e aÃnda que poida adquirirse a un prezo bastante axustado, non parece
ter chegado ao mercado nun momento e nunhas condicións que o fagan atractivo
(pois están a saÃr dispositivos con Android 4.0 a prezos moi competitivos).
- O Orange Tahiti está baseado no Huawei MediaPad