Orange facilitará a identificación de chamadas inoportunas

luns, 22 de setembro do 2025 Marcus Fernández

Para loitar contra os calotes telefónicos e as chamadas non desexadas dende hai anos existen servizos de identificacións de numeracións telefónicas que non resultan de fiar, sendo o máis popular o de Hiya, que tanto está dispoñible para usuarios de teléfonos da marca Samsung como para usuarios de calquera compañía que instalen a aplicación móbil Pepeescudo.
Dende Orange queren ir un paso máis aló, e abrir a funcionalidade a clientes que non teñan móbiles de Samsung nin teñan que instalar unha aplicación específica instalando o sistema de identificación a nivel de rede, de xeito que funcionará directamente dende smartphones compatibles con VoLTE (o servizo de chamadas de voz a través de 4G).
Este novo servizo recibe o nome de llamada visible, e pretende axudar a pór freo ás chamadas inoportunas presentando coa información que vai máis aló do número de teléfono do que se recibe unha chamada (ou sexa, identificando á empresa que chama aínda que non a teñamos na axenda, e alertando de posibles calotes).
Esta funcionalidade será completamente de balde, activarase de xeito automático (podendo desactivarse contactando co servizo se atención ao cliente) e, aseguran que entrará en funcionamento o vindeiro 6 de outubro.