Orange fai balance dos seus 20 anos en Galicia
mércores, 10 de abril do 2019
Hoxe a Sala Eisenman na Cidade da Cultura serviu de escenario
para a presentación do Informe Impacto
de 20 anos de liberalización das telecomunicacións en España 1998-2018. 20
aniversario de Orange. Impacto en Galicia, no que o operador de telecomunicacións
confirmou a súa aposta por Galicia na extensión das novas redes 5G. O acto foi
presentado por Luz Usamentiaga, directora de Relacións Institucionais, RSC e
Fundación Orange España, e contou coa participación do director xeral de Persoas,
Comunicación e Relacións Institucionais de Orange España, Ignacio de Orúe.
O documento presentado por Miguel Barroso, socio director de Deloitte para
Galicia e Castela-León, consultora que elaborou o informe, analiza a
transformación da industria durante estas dúas décadas tras as que España conseguiu
converterse en todo un referente europeo en espallamento de redes de fibra
óptica e en cobertura móbil 4G.
Nos casos español e galego Orange xogou un papel moi relevante, cun
investimento acumulado superior aos 126.000 millóns de euros entre os anos 1998
e 2016 en España (máis de 1.900 millóns de euros no caso galego), o que supón
un 14% dos ingresos do sector TIC nese perÃodo.
Mirando cara a Galicia o informe destaca que a comunidade ten un Produto
Interior Bruto de 60.568 millóns de euros, mentres que o PIB do sector TIC
serÃa de 1.337 millóns, o que suporÃa un 2,2% do PIB galego en 2017. Tamén
salientan que en Galicia o despregamento de redes de fibra óptica segue moi
activo, e actualmente temos 1,2 millóns de accesos de fibra óptica instalados entre
todos os operadores. As liñas de banda larga fixa en Galicia chegarÃa até os
736.000, dos que 123.000 corresponderÃan xa á tecnoloxÃa FTTH, na que Orange
realizou un investimento de 78 millóns de euros en Galicia para chegar até un
total de 470.000 unidades inmobiliarias.
No acto desta mañá dende Orange lembraron a súa contribución ao proxecto Escolas Conectadas de Red.es e a Xunta,
a través do que preto de 150.000 alumnos galegos de 822 centros educativos gozan
de conexións á Internet mediante conexións de banda larga ultrarrápida (con
fibra de 500 Mbps simétricos na meirande parte dos centros). Tamén deron conta
do compromiso da Fundación Orange na transformación dixital da sociedade, para
o que lanzaron o programa Sé + Digital
en Galicia para achegar formación en liña de balde en colaboración coa Escola
de Organización Industrial, a AMTEGA e o IGAPE, e que no caso galego contou
tamén cos obradoiros Al lado de nuestros
mayores nos que buscaban familiarizar a usuarios de máis de 60 anos coa
tecnoloxÃa móbil e as súas aplicacións.
Na clausura da presentación, a directora da AMTEGA, Mar Pereira destacou que a
Xunta leva case dez anos avanzando nunha estratexia dixital que busca, tamén,
atraer investimento a Galicia e promover alianzas que faciliten ás empresas
galegas a internacionalización e apertura a novos mercados. Sinalou, ademais,
que desde a Administración autonómica apóstase pola competividade como elemento
catalizador de máis e mellores servizos para os galegos, independentemente de
onde vivan.
Orange é un dos tres asinantes do Nodo de Cooperación 5G que se puxo en marcha
o pasado mes de novembro para desenvolver a lo menos 6 probas de concepto de
aplicación das tecnoloxÃas 5G. Dentro deste compromiso o operador desenvolverá
casos de uso desta tecnoloxÃa en ámbitos como a Industria 4.0, a Educación o
Turismo e a Sanidade. O Nodo é unha das medidas do Plan Galicia 5G para
posicionar á Galicia como territorio preferente na extensión destas redes.
Mar Pereira sinalou que para avanzar neste ámbito precÃsase tamén de capital
humano capacitado. Por iso a AMTEGA en colaboración cos operadores e a
Universidade de Vigo porase en marcha o vindeiro mes de setembro o primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G.
- Miguel Barroso (Deloitte), Luz Usamentiaga (Fundación Orange), Mar Pereira (AMTEGA) e Ignacio de Orúe (Orange España) participaron no acto da presentación do informe que analiza o impacto en Galicia da liberalización das telecomunicacións co gallo do 20º aniversario de Orange España