Os Headphonies permiten escoitar música dun xeito orixinal e creativo
martes, 28 de outubro do 2008
A finais do mes
de novembro se porán á venda por 30 dólares unha serie de bonecos (5
con aparencia creadas por diferentes artistas e 2 en branco para que
os personalice o seu comprador) que se poden empregar a xeito de altofalantes.
Os Headphonies son un
curioso produto que combina simpáticos deseños coa posibilidade de abrir unha
porta á creatividade, polo que é de agardar que estas figuras de vinilo teñan
unha boa aceptación entre os seguidores deste tipo de elementos decorativos,
que desta volta contan cun plus de
funcionalidade, ao poderse empregar para escoitar música co noso reprodutor
multimedia favorito.